Monográfico Bailegramas

Data
02/03/2019 _ 10:00 h

Lugar
CSC Romaño

Prezo: 40 €

Categoría


Dentro dos Monográficos de Inverno EmaCFolque 2019, ofrecemos este curso intensivo de aprendizaxe sobre o código para escribir baile galego solto que Serxio Cobos desenvolveu nos últimos anos e que está recollido no libro Bailegramas (ed. aCentral Folque, 2018). Sete horas sobre os ideogramas e a sua representación en papel como axuda á fixación e divulgacións de xotas e muiñeiras e todas as súas variantes.

Detalles do curso:

  • Data: sábado 3 de marzo 2019
  • Horas: 10-14 h e de 17-21h
  • Lugar: CSC O Romaño. Compostela
  • Prezo: 40 € (30 € alunado EMaCFolque)
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Bailegramas é a primeira proposta dun sistema de notación especifico para o baile tradicional galego. Esta publicación é fundamental do punto de vista da memoria, o coñecemento e a difusión social deste patrimonio coreográfico que por ser conservado no ámbito rural atende á defensa da diversidade e a estima colectiva.

Bailegramas é valido para documentar e analizar por escrito un baile tradicional galego vivido, presenciado ou desde un rexistro audiovisual. O sistema permite analizar os movementos e o significado de cada paso, ver como se integran na coreografía e avanzar na compresión das implicacións sociais do baile para a comunidade.

Breve biografía do mestre

Serxio Cobos é un bailarín especializado en música e danza tradicional Galega a través da formación na escola de folclore “Cantigas e Agarimos” e en traballo de campo e recollidas etnocoreográficas etnomusicolóxicas desde o ano 1989. Adícase a danza tradicional en todas as súas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical. É ilustrador de diferentes traballos e investiga para a creación de unha nomenclatura e simboloxía ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara ós Bailegramas”. En Portugal está traballando como intérprete na compañia de danza contemporánea CLARA ANDERMATT. Musicalmente dirixe o grupo portugués AQUÍ HÁ BAILE.


Que é un Bailegrama?

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed