Monográfico de cajón

Loading Map....

Data
13/05/2017 _ 17:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 30 €

Categoría


Moisés Fernández imparte este curso introductorio de cajón flamenco nos Monográficos de Primavera que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela entre abril e xuño.

O cajón é un instrumento do folklore do norte peruano documentado desde mediados do século XIX (que o tocaban os escravos africanos quenes tiña prohibido tocar os seus tambores no virreinato español) e introducido desde os anos 70 con grande suceso na música andaluza do flamenco e de grande riqueza tímbrica e rítmica, moi versátil en todo o tipo de músicas modernas.

Os contidos deste curso introductorio vai ser unha viaxe polos palos senlleiros do flamenco (tangos, soleás, bulerías, rumbas)  e os seus acentos rítmicos característicos coa técnica básica de colocación de mans,  matices tímbricos, tempos e repeniques.

Detalles:

  • Duración: 3 horas
  • Prezo: 30 €
  • Horario: de 17 a 20 h
  • Datas: sábado 13 de maio
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Nivel: iniciación. Prazas limitadas. Aula colectivas en grupo reducido
  • Inscrición e info: matricula@folque.com

Breve biografía sobre Moisés Fernández:

Moisés Fernández (Compostela, 1979) é un percusionista galego especializado en cajón flamenco Moisés ten xa actuado con diversos artistas coma Josemi Carmona, Juan José Suárez “Paquete”, Antonio Muñoz Fernández, Javier Colina, a bailaora Yolanda Osuna, Fran Bichet ou o mesmísimo Falete.

Ademais do seu traballo de acompañamento, pertence a diversas formacións musicais do panorama do flamenco galego e outras fusións con conertos en toda Galiza. Ten participado en festivais coma o “Feito a man” en Compostela ou o “Martín Códax” en Cambados, ademais de programar as sesións Jam da Borriquita de Belem, sendo un dos referentes do cajón na súa cidade.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed