Monográfico de Birimbao

Data
09/03/2019 _ 16:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 30 €

Categoría


Ché Vázquez by Miguel Muñiz

Dentro dos Monográficos de Inverno EmaCFolque 2019, ofrecemos este curso sobre trompa de boca ou birimbao con Ché Vázquez, único constructor galego en activo deste instrumento universal.

Detalles do curso:

  • Data: sábado 9 de marzo 2019
  • Horas: 16-20 h
  • Lugar: CSC A Trisca. Compostela
  • Prezo: 30 € (25 € alunado EMaCFolque)
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Descrición do curso

No curso, falarase da historia do instrumento na Galiza, e amosaranse trompas de diferentes culturas do mundo. Sobre a técnica de interpretación, aprenderase o agarre e colocación do instrumento, as técnicas de pulsado, respiración e uso do diafragma, ritmos coa trompa e efectos que podemos facer coa mesma.

Breve bio do mestre

Che Vázquez, Luaña, Brión, 1959. A súa afición polos intrumentos nace na súa infancia facendo asubíos e trebellos musicais cunha navalla. Nos anos oitenta comeza a súa andanza na construcción de instrumentos tradicionais facendolle as primeitas gaitas ós seu fillos. Coñece a trompa dende neno pero non é ata os 90 que comeza a construílos. O seu traballo e investigación na trompa fai posible que hoxe en día se poida tocar o birimbao con calqueira instrumento temperado, construíndo trompas en dúas oitavas cromáticas. Na Actualidade toca con varios grupos de música tradicional e ten colaborado con diferentes artistas galegos.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed