Monográfico de Regueifa

Data
23/02/2019 _ 16:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 20 €

Categoría


Alba María conduce para todos os públicos este curso de introdución á práctica da improvisación oral ou regueifa. Unha das poucas mulleres que se adican a isto e son capaces de disputar en verso e cantando con esta arte universal en clave galega.

Detalles:

  • Data: sábado 23 de febreiro de 2019
  • Lugar: CSC A Trisca (Santiago)
  • Horario: 16-18h
  • Prezo: 20 € (10 € alunado EMaCFolque)
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Contidos:

O presente curso plantéxase coma unha iniciación ao coñecemento e á práctica da poesía oral improvisada galega, centrándose na regueifa e traballándoa dun xeito lúdico. Práctica nas ferramentas de memoria, rima e recursos léxicos, ademais de ofrecer guías sobre canto, métrica e versificación. Podemos prometer e prometemos que acabarás botando canda menos unha regueifa ao final deste pequeno curso

Alba María (Gran Canaria, 1995) é unha cantora, compositora e regueifeira galega. Con 18 anos gaña o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco: “Aínda” (aCentral Folque, 2014). Desde os 13 anos comeza a cursar acordeón no Conservatorio de Vigo e mergúllase no mundo da música tradicional galega, desenvolvendo unha intensa actividade como improvisadora oral, eminentemente no eido da regueifa.  Ademais, é licenciada en Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed