Monográfico de violino

Loading Map....

Data
27/05/2017 _ 11:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 35 €

Categoría


Os Monográficos de Primavera 2017 presentan este curso único de Old Time Fiddle co violinista norteamericano Mitch Depew, especialista neste estilo propio dos Apalaches, con grande influencia da música dos emigrantes europeos no século XIX a esa zona dos EE.UU.

  • Duración: 6 horas
  • Prezo: 35 €
  • Datas: 27 de maio
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Horario: 11 a 14 h  e de 16 a 19 h
  • Nivel: para violinistas iniciados. Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
  • Inscrición e info: matricula@folque.com

Old Time Fiddle

Old Time é un estilo de música das montañas Apalaches do sur de Estados Unidos. Xurdiu da interacción do violín e o banjo e a mestura de melodías do norte de Europa con ritmos africanos. É un estilo que se caracteriza por un ritmo moi complicado e sincopado cunha técnica única do arco do violino. Neste obradoiro, principalmente o cerne estará no que hai que facer co arco para conseguir que un tema realmente soe “old time”. Con escoita de gravacións antigas de temas de Carolina do Norte, Virxinia Occidental, e Kentucky e darlles vida a estes temas, aprendendo non soamente o que se fai co arco, senón tamén as posibilidades que hai para improvisar e pasar o tema polo teu propio filtro para seguir coa tradición da música “old time”.

Mitch Depew

Violinista e banjista de New Jersey con varios anos ás súas costas de afondamento neste estilo de música. Asistente regular cada ano a festivais nos Apalaches para tocar e aprender da xente de alí que segue coa tradición familiar e local de “old style”, pero sobre todo aprendo de gravacións antigas de violinistas da primeira metade do século pasado. Virtuoso da maneira máis tradicional do estilo, prestando o fraseo e ideas rítmicas de cada violinista/banjista, sen perder a importancia de manter a tradición viva e tocar co propio acento e ideas.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed