Monumenta Escoita

Data
12/08/2018 _ 11:00 h

Lugar
Punta Frouxeira

Prezo: de balde

Categoría


Dentro da programación do festival Monumenta 2018 , aCentral Folque participa en dúas sesións neste agosto. A primeira é o programa adicado á científica oceanógrafa Ángeles Alvariño (Serantes, Ferrol) nas costas de Valdoviño cun roteiro entre os cantís de Meirás e punta Frouxeira o vindeiro 12 de agosto pola mañá. A actividade (andaina e concerto) é de balde e debe reservarse con antelación aquí. O roteiro estará guiado polo xeógrafo Juan Bedoya e a acción sonora de Ariel Ninas e Anxo Faraldo creada específicamente para o espazo dos túneles de bateria militar abandoados no cabo da Frouxeira.

Ariel Ninas e Anxo Faraldo comezan a traballar xuntos en 2010 nunha relación na que a sonoridade acústica e a evocación da tradición se mesturan coa electrónica máis cirúrxica e minimalista, sen comprometer as súas identidades orixinais. Para este evento, baixo o faro de Valdoviño, preparan unha peza a medio camiño entre instalación e concerto, para o que aproveitan a peculiaridade da sonoridade e a memoria deste lugar.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed