Música e baile en Avión

Data
28/03/2020 _ 11:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 45 €

Categoría


Música e baile en Avión. Obradoiro de percusión e danza

Monográfico específico dos toques e os bailes soltos e agarrado desta zona de Ourense co repertorio específico das aldeas de Rodeiro e Mangüeiro con Xavi Castaña. Para todos os públicos iniciados no canto co percusión tradicionais.

Detalles do curso

  • Data: sábado 28 de marzo
  • Horas: de 11 h a 14 h e de 16 h a 19 h
  • Lugar: CSC A Trisca. Compostela
  • Prezo: 45 €
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Descrición

No apartado de de percusión centrarémonos nos toques característicos -tanto na lata como na pandeireta- de dúas aldeas de Avión (Rodeiro e Mangüeiro). Aprenderemos unha muiñeira, unha xota e un agarrado combinando os dous instrumentos. (Nivel intermedio).

No que respecta á danza, centrarémonos no baile solto, no xeito de executar os puntos e nalgúns puntos concretos da aldea de Rodeiro.

É preciso traer pandeireta e lata (poderiamos emprestar algunha lata).

Xavi Castaña

Tivo o primeiro contacto coa pandeireta, o canto e o baile de man de súa avoa en Fondodevila (Baños de Molgas, Ourense). Con 16 anos empezou a moverse polo mundo dos fiadeiros e seráns, facendo recollidas por Ourense (comarcas do Ribeiro e da Limia) e sur de Pontevedra, e aprendendo das señoras de cada aldea. Foi profesor de pandeireta e baile no centro sociocultural de Merí (Ourense). Na actualidade dá aulas de pandeireta, baile e pandeiro cadrado en Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed