Música medieval hoxe

Data
18/06/2022 _ 17:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: de balde

Categoría


Unha das voces e intrumentistas máis carismáticas da aproximación contemporánea ás músicas pretéritas, con máis de trinta anos de carreira e unha proxección internacional de primeiro nivel, Begoña Olavide estará en Compostela para ofrecernos unha visión persoal sobre a interpretación e os xeitos de achegarse ao repertorio da música ibérica antiga. En dúas horas transitará camiños posibeis sobre a práctica performática do repertorio medieval, fundamentalmente sobre o(s) salterio(s) e a voz. Esta sesión está pensada para persoas músicas ou curiosas nas artes historicamente fundamentadas.

Detalles:

  • Lugar: Centro Sociocultural da Trisca. Santiago de Compostela
  • Data: sábado 18 xuño de 2022
  • Horario: de 17 a 19 horas
  • Prezo: de balde
  • Prazas limitadas
  • Nivel: todos os públicos
  • Reserva praza: enche o formulario de embaixo
  • + info: matricula@folque.com

Sobre Begoña Olavide

Considerada internacionalmente pioneira na recuperación e interpretación do salterio, Begoña Olavide é unha das mais importantes salteristas do momento con profundos coñecementos de canto, qanún e teoría da música andalusí-magrebí. Realizou concertos pola totalidade de Europa, Estados Unidos, Canadá, Brasil, Arxentina, Colombia, México, Marrocos, Alxeria, Tunes, Exipto, Siria, Líbano, Xordania, Kuwait, Israel, Rusia e Xapón. Traballou no cine con Carlos Saura e José María Forqué. En teatro con Adolfo Marsillach, Servando Carvallar e Juan Pedro de Aguilar, así como en documentais de historia, arte, publicidade e televisión. Na actualidade colabora con diferentes músicos de música antiga e árabe e colabora habitualmente con Jordi Savall en Hesperion XXI. Investiga tamén xunto ao luthier Carlos Paniagua sobre o salterio, as súas técnicas de construción e execución nos distintos períodos da historia e dirixe o grupo Mudéjar, que fundou en 1994, especializado en música antiga española. O repertorio de Mudéjar abarca a música española escrita entre os séculos XIII e XVI, ademais da de tradicións orais como a arábigo-andaluza e algúns romances.
Co músico e produtor Javier Bergia presenta actualmente os seus traballos discográficos: “De un tiempo a esta parte”, “Burlesco” e “A propósito de Miguel Hernández”onde ambos puxeron música a textos de poetas españois desde a idade media á actualidade. En solitario ?“Improvisaciones en un espacio sin tiempo”.

Formulario de inscrición:

Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación; debes mirar na pasta do “spam” se non chegase ao cartafol principal do teu correo electrónico.

Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed