Data
21/05/2024 _ 19:00 h
Lugar
Cidade de Santiago
Prezo: de balde con inscrición previa
Categoría
O ciclo No campo de Fóra inclúe os ‘Paseos musicais’, roteiros especializados sobre o patrimonio musical da cidade para entender os contextos e lugares. Esta serie pretende cubrir diferentes épocas históricas e comeza este ano coas propostas de Richard Rivera, guía turístico e músico que conducirá o primeiro dos ‘Paseos Musicais’ cunha visión xeral sobre as músicas que se practicaron e desenvolveron en Santiago desde a súa fundación na Idade Media pasando polo seu esplendor como centro cultural universal até os días de hoxe. Esta actividade terá lugar o vindeiro martes 21 de maio desde as 19 h. É de balde mais precisa de inscrición previa aquí. As prazas son limitadas.
No campo de Fóra é un ciclo de concertos e outras actividades ao redor da música tradicional reelaborada a celebrarse nesta primavera de 2024 en exclusiva para o Concello de Santiago de Compostela e dentro da súa Rede de Centros Socioculturais. Son sete propostas da Escola de Música de aCentral Folque cunha variada estética e de formatos estilísticos diferentes e complementarios.
Sobre o roteiro
Santiago é unha cidade da música. A música tivo un papel fundamental dende os inicios, dende a fundación do santuario. Co tempo chegará a ser unha capital desta arte. Tendo o seu principal centro de creación e difusión no complexo catedralicio. Vinculada a unha rede internacional de influencias da que será centro receptor pero sobretodo difusor.
Hoxe podemos pasear por esta urbe buscando as trazas, as referencias a tan espléndida historia. E iso é o que faremos. adentrarnos en séculos de historia da música, da historia de Santiago. Procurando na pedra, nos espazos e na memoria o que nos pode contar, ainda sen sons reais, dos seus músicos e as súas músicas, e reviver así paisaxes sonoras xa esquencidas.
Sobre Richard Rivera
Richard é guía turístico oficial. Naceu en Londres de nai francesa e un pai galego, téndose criado nestes tres países. Cunha paixón grande para linguas, o patrimonio e a diversidade cultural, consecuencia natural desta infancia. É agora historiador, especializando en Arqueoloxía e Administración de Patrimonio. A súa outra paixón grande é música. Está especializado en música tradicional e antiga. Actuou cos grupos musicais diferentes especializados naquel repertoiro. O seu outro amor é natureza. Sendo un activista de natureza desde a idade de 12, devindo un aficionado biólogo. Guiou persoas desde moitos países diferentes, en sete linguas, nos últimos 23 anos. Tentando sempre para estender a súa paixón para cultura e natureza e facendo entende a súa importancia para nosoutros e as nosas sociedades.
Esta actividade está feito en colaboración coa Concellaría de Capital Cultural e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela.