Músicas para peto

Data
09/05/2015 - 30/05/2015 _ 10:00 - 14:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 10 €

Categoría


ArielNinasObradoiro no mes de maio para os instrumentos miúdos da man de Ariel Ninas.

Obradoiro-concerto para todos os públicos (pero especialmente o infantil) sobre como facer música con instrumentos que caben no peto. Chocallos, axouxeres, cunchas, tarrañolas, culleres, birimbaos, harmónicas, mbiras,… todos eses instrumentos miúdos son obxectos transportables cos que facer unha morea de músicas.

En Música para peto, Ariel Ninas fará un percorrido práctico por diferentes instrumentos miúdos que caben no bolso: birimbaos, axóuxeres, , reclamos de paxaros, cunchas, castañolas, tarrañolas… mesmo o teléfono móbil!   Instrumentos que caben no bolso, que se poden levar a calquera lugar e que o músico non ten escusa para non levar consigo. Instrumentos nos que o límite está na imaxinación de quen toca, non de quen escoita, e que teñen tantas posibilidades sonoras coma o intérprete estea disposto a explorar. Armas de distracción masiva para levar de aquí a acolá, sorprender en calquera momento e defenderse contra o aburrimento. Capaces de encher os momentos libres e ocupar os tempos mortos, feitos para divertir aos vivos, para ensaiar na parada do autobús, para gastar poucos cartos, para todos os públicos, para facer amigos e para compartir.

OBXECTIVOS:

• Amosar as posibilidades musicais que ofrecen os instrumentos de reducidas dimensións.
• Amosar que a música é unha arma de distracción masiva, unha ferramenta perfecta contra o “aburrimento”.
• Descobrir ao público infantil, audiencia do futuro, que a música é un arte ao alcance de calquera persoa.
• Amosar aos pais e nais que a música é un ben accesible para os petos de calquera economía.
• Chamar a atención das crianzas pola creatividade por medio de obxectos de uso cotián.
• Pasar o tempo a divertirse.

DURACIÓN

16 h

Prezo

10 €

ORIENTADO

Todos os públicos, de 5 anos en adiante, para unha audiencia máxima de 16 unidades familiares

ARIEL NINAS

Músico polifacético de formación inicial autodidacta e renegando do ensino académico reglado e estandarizado, aprendeu música de facer cursos e estadías con diversos mestres. Coñecido nos palcos coma tocador e improvisdor de sanfona, fórmase con Óscar Fernández (Os Cempés) e o ensino libre do Conservatorio de Músical Tradicional e Folque de Lalín (hoxe aCentral Folque) e outros intérpretes e compositores coma Valentin Clastrier, Matthias Loibner, Gilles Chabenat ou Germán Díaz, entre outros. Como músico participa en varios proxectos musicais e multidisciplinares (solista ao vivo para a obra de danza contemporánea “Habelas”, premio Injuve 2011); é membro da OMEGA (Orquestra
de Música Espontánea da Galiza), B’knob e Ulobit.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed