Narf Trio na RMS

Loading Map....

Data
21/02/2015 _ 21:00 h

Lugar
Auditorio da Xunqueira

Prezo: 4 €

Categoría


Continúa a Rede de Músicas Soltas de Redondela cun concerto a trio de Narf, presentado unha nova visión sobre os poemas de Rosalía de Castro na súa faciana máis rockeira “Nas tardes escuras”.

Esgotada xa a primeira edición do  disco, o contundente directo do NARF TRÍO ten recibido excelentes críticas de público,  prensa e medios especializados ao seu paso por importantes palcos  como o Festival da Luz en Boimorto, a Praza da Quintana en Compostela, ou o Teatro Colón na Coruña, críticas que referendan o proxecto como un dos máis sorprendentes no panorama do rock actual.

Esta nova xira brinda a oportunidade ideal para gozar da potencia de NARF TRIO tras un ano de intensa rodaxe ou para descubrir a forza do seu orixinal son por primeira vez.

“…tensión eléctrica en los versos de Rosalía de Castro… Rosalía suena de otra manera: urgente, cortante, poco lacónica… Rosalía suena dolorida pero desafiante” CAMILO FRANCO. LA VOZ DE GALICIA

“Narf sacude a Rosalía… Nas tardes escuras es Una pequeña joya musical…una singular sacudida energética rosaliana… el público podrá comprobar en su potente directo la particular interpretación que Narf ha hecho de Rosalía de Castro” ALFONSO PATO. EL PAÍS.

“Narf é un dos creadores musicais máis interesantes do panorama musical galego” OSCAR LOSADA. LA OPINIÓN.

Ademais, en decembro de 2013 Fran Pérez Narf, foi galardoado nos Premios Galegos da Música Martín Códax, como o mellor artista galego na categoría de Rock/Blues/Funk/Soul.

  • Fran Pérez Narf na voz e guitarras
  • LAR Legido na batería
  • Alberte Rodríguez “Ho Chi Ming” : baixo

Nunca Sospiro (Directo na Radio Galega) 24/02/14

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed