No verán un conto

Data
07/08/2015 _ 20:00 h

Lugar
Praza da Lagoa

Prezo: de balde

Categoría No Categories


O Centro de Interpretación da Oralidade do Servizo de Normalización Lingüística de Vigo vai facer rular polas rúas, prazas, parques, areais… e illas de Vigo contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas… dentro do programa “No verán… un conto”. Podes consultar aquí o programa completo.

aCentral Folque leva os contos de Alba Bermúdez esta semana a dúas lugares senlleiros da cidade como é a praza de América e na praza da Lagoa (Navia)

ALBA BERMÚDEZ
Licenciada en Interpretación Textual pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. No 2013 realizou o Máster de Artes Escénicas na Universidade Rey Juan Carlos e no 2014 o Postgrado de Arte Cultura e Intervención Social.

Dende os seus inicios na ESAD completa os seus estudos con cursos como Roy Hard (con Nuria Inglada), Kathakhali (con Teatro de Tascabili di Bergamo), Improvisación Teatral (con Teatro Asura), entre outros.

Como pedagoga, as súas sesións céntranse en potenciar o imaxinario a través do xogo dramático. Os alumnos aprenden a coñecer a capacidade do seu corpo e a súa voz. Ferramentas que empregarán para introducirse no mundo teatral.
Na actualidade co-protagoniza a obra Hámster da compañía Triatreros, ca que levan máis dun ano en xira, e as montaxes de Don Juan Tenorio e O Gato con botas, ambas co-producións do Teatro Colón.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed