O danés curioso

Data
14/12/2018 _ 20:00 h

Lugar
Museo do Traxe

Prezo: de balde

Categoría


O vindeiro venres 14 de decembro no Museo do Traxe Juanjo Liñares terá lugar a presentación do novo libro da colección Cámara EscuraO danés curioso en Ordes” dos autores: G. Henningsen e Estívaliz Espinosa editado por Eutropio Rodríguez, un libro de fotografías tomadas polo antropólogo Gustav Henningsen na zona de Ordes na súa estadía de varios anos durante os anos 60 na contorna.

Na presentación estarán presentes o editor Eutropio Rodríguez, revisor e editor das fotografías, representantes do concello de Ordes e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.

“O legado de Gustav Henningsen sulca o espazo do Sistema Solarcoma un pequeno amuleto da sorte, coma un leituario, decidido a muxirlle vida e conciencia á Vía Láctea. A nosa galaxia.” Estívaliz Espinosa.

O prestixioso folclorista danés Gustav Henningsen realizou máis de 2400 fotografías de extraordinario valor documental e artístico durante os seus traballos de campo en Galiza entre 1964 e 1968. A maior parte deste arquivo retrata xentes, espazos e ritos da comarca de Ordes, onde Henningsen tivo fixada a súa residencia. Deste material, na súa grande maioría inédito até o dia de hoxe, seleccionáronse 90 fotografías, grazas a colaboración do propio Henningsen co magnífico editor fotográfico Eutropio Rodríguez. As imaxes van precedidas dun fermoso texto literario inspirado no legado de Henningsen, creado pola reputada escritora Estíbaliz Espinosa. O libro presenta o texto na súa versión en galego, español e inglés. Esta obra é a primeira referencia de Cámara Escura, a nova colección de fotografía e literatura d’aCentral Folque.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed