Obradoiro Oralidade

Data
22/11/2014 _ 16:30 h

Lugar
Asoc. Nautilus

Prezo: de balde

Categoría


Alba Bermúdez imparte este Obradoiro de iniciación á improvisación teatral para público infantil en Vigo que organiza o servizo de Normalización Lingüística do concello.

Os rapaces viven co xogo. Inventan as súas propias situacións para entreterse. Xogan “ás tendas”, a “mamás e papás”… divírtense improvisando. Sen sabelo, están creando historias.

O obradoiro centrarase nesa parte do xogo e da improvisación. A través de estructuras dramáticas os nenos veranse inmersos en mundos, lugares, espazos imaxinarios creados por eles e nos que acontecerá todo o que imaxinen.
A docente encargarase de guialos por eses mundos de fantasía incentivando a creatividade dunha maneira lúdica.

OBXECTIVOS
Exercitar o imaxinario.
Desenvolver a destreza oral dos cativos.
Aprender a traballar en grupo.
Coñecer a arte dramática a través da improvisación teatral.

DURACIÓN
60´

ORIENTADO
Nenas/os a partir de 6 anos
Número máximo: 20

ALBA BERMÚDEZ
Licenciada en Interpretación Textual pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. No 2013 realizou o Máster de Artes Escénicas na Universidade Rey Juan Carlos e no 2014 o Postgrado de Arte Cultura e Intervención Social.

Dende os seus inicios na ESAD completa os seus estudos con cursos como Roy Hard (con Nuria Inglada), Kathakhali (con Teatro de Tascabili di Bergamo), Improvisación Teatral (con Teatro Asura), entre outros.

Como pedagoga, as súas sesións céntranse en potenciar o imaxinario a través do xogo dramático. Os alumnos aprenden a coñecer a capacidade do seu corpo e a súa voz. Ferramentas que empregarán para introducirse no mundo teatral.
Na actualidade co-protagoniza a obra Hámster da compañía Triatreros, ca que levan máis dun ano en xira, e as montaxes de Don Juan Tenorio e O Gato con botas, ambas co-producións do Teatro Colón.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed