Data
22/06/2019 _ 19:30 h
Lugar
Praza de Mazarelos
Prezo: de balde
Categoría
Máis un ano levamos o baile para todos os públicos dentro das Festas de San Xoán que o Concello de Santiago promove na praza de Mazarelos. Serán varios obradoiros de iniciación con música ao vivo a desenvolverse na rúa.
O obradoiro do sábado 22 de xuño: Baile solto: muiñeira. con Rebeca Tallón e Andrea Porto para un achegamento ao xénero galego por antonomasia: a muiñeira. Un baile solto que se danza en parella e se forma colectivamente onde a improvisación e a complicidade son factores de divertimento. Rodas, fileiras e puntos básicos serán os ingredientes desta sesión acompañada con música ao vivo.
A participación é de balde e a partir das 19.30h até as 21.30h.
Para coñecer toda a programación que se desenvolverá na praza de Mazarelos, segue esta ligazón:
http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/axenda-cultural/fiestas-de-san-juan-2019-73525