Ornithology

Map Unavailable

Data
27/11/2022 _ 18:00 h

Lugar
Club Artístico

Prezo: de balde

Categoría


O domingo 27 de novembro ás 18 h no Club Artístico de Rivadavia estarán Pablo Castaño e Quico Cadaval oresentando o seu novo espectáculo Ornithology.

Quico Cadaval dá forma a un espectáculo a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaret literario partindo de “Ornithology”, un dos mais populares temas de jazz. Pablo Castaño completa as progresións de Cadaval co seu saxo, reinterpretando clásicos do bebop. Unha experiencia na que se suceden a improvisación con aderezos humorísticos, poéticos, irónicos e virtuosísticos, espertando sorpresa e alegría no público. Esta actividade conxuga animación, aprendizaxe, descubrimento e socialización a través dos cales se pode transmitir a lingua con apego e eficacia á vez que reivindica o papel da narración oral e a música como elementos normalizadores ofrecéndolle á mocidade lecer e sociabilización en galego.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed