Ornithology

Data
11/12/2022 _ 12:00 h

Lugar
Museo do Mar

Prezo: de balde

Categoría


O domingo 11 de decembro en sesión vermú ás 12 horas no Museo do Mar de Galicia en Vigo estarán  Pablo Castaño e Quico Cadaval oresentando o seu novo espectáculo Ornithology.

Quico Cadaval dá forma a un espectáculo a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaret literario partindo de “Ornithology”, un dos mais populares temas de jazz. Pablo Castaño completa as progresións de Cadaval co seu saxo, reinterpretando clásicos do bebop. Unha experiencia na que se suceden a improvisación con aderezos humorísticos, poéticos, irónicos e virtuosísticos, espertando sorpresa e alegría no público. Esta actividade conxuga animación, aprendizaxe, descubrimento e socialización a través dos cales se pode transmitir a lingua con apego e eficacia á vez que reivindica o papel da narración oral e a música como elementos normalizadores ofrecéndolle á mocidade lecer e sociabilización en galego.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed