Os contos de Joselín

Data
11/08/2016 _ 21:30 h

Lugar
Museo Etnográfico de Zamora

Prezo: 3 €

Categoría


O Museo Etnográfico de Castilla y León en Zamora vai acoller unha versión especial d’Os contos de Joselín este xoves 11 de agosto dentro do programa do museo “Noctámbulos: veladas nocturnas en el Museo Etnográfico”.  Será unha sesión especial deste espectáculo onde cada un dos tres contadores (Quico Cadaval, Celso F.Sanmartín e José Luis Gutierrez “Guti”) recreará o humor de José Luis Rodríguez de Vicente, Joselín, o primeiro en gravar contos en galego no ano 1929. Pero non o farán nun palco senón repartidos polas salas dos museos nunha interacción directa co público que ha de moverse libremente polo espacio.

As entradas son limitadas e cun custe de 3 €

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed