Os contos de Joselín

Data
14/10/2016 _ 21:30 h

Lugar
Salón Teatro

Prezo: alternative text

Categoría


cartel cor_duo_webO Salón Tetaro de Lalín acolle o vindeiro venres 14 de outubro ás 21.30 h un novo espectáculo de Os Contos de Joselín, unha oportunidade de recrear en clave contemporánea as historias cómicas do primeiro actor que gravou en galego nas históricas sesións do 1929. A actuación desta noite contará con dúas das voces máis importantes do país, Celso F. Sanmartín e Quico Cadaval que decorrerán ao longo duns 90′ polas historias que José Rodríguez de Vicente, Joselín, lles inspira

Joselín foi un home versátil e contraditorio: admirado polos galeguistas republicanos e condecorado polas ditaduras, ídolo de masas en Buenos Aires, guionista de cine en Madrid, supervendas discográfico en Galiza e España, e incluso en Argentina, cos seus vinte e tres «contos galegos» gravados.

Agora,Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín interpretan estes contos. Historias de mortos, de caciques, de curas, de personaxes singulares. Un espectáculo que fai estalar o riso en todas as xeracións, dos maiores aos máis pequenos, sendistinción.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed