Os contos de Joselín, espectáculo

Data
26/10/2014 _ 20:30 h

Lugar
Liceo de Noia

Prezo: de balde

Categoría


O renovado e flamante teatro de Noia volve abrir as súas portas á cidadanía e acolle este fantástico espectáculo de tres grandes conteiros actuais que fían historias ao redor dos contos de Joselín, primeiro actor en gravar en galego uns contos (nas históricas sesións da Regal do 1929) .

Os contos de Joselín” sobre os contos de José Rodríguez de Vicente, persoeiro polifacético que chegou a ser alcalde de Baiona, ser o primeiro en gravar un conto en galego (nas históricas sesións do ano 1929 para a compañía Regal), Secretaría de Turismo ou documentalista cinematográfico.  Tres oradores de renome recrean en palco “Os contos de Joselín” e asociaranos aos seus propios. Quico Cadaval é o director artístico deste espectáculo, no que tamén participan en palco o lalinés Celso Fernández Sanmartín e o zamorano José Luís Gutiérrez “Guti” que ademais de contar, canta, como tamén facía Joselín cos cantares de cego. O espectáculo ofrecerá tamén imaxes de época de Joselín, do que se poderá escoitar un conto na súa voz.

Esta aposta escénica ao redor do primeiro actor galego en gravar un disco coa súa voz é unha produción de aCentral Folque para revitalizar unha figura esquecida pero chave para comprender moito do humor que hoxe se fai na Galiza.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed