Os contos de Joselín

Loading Map....

Data
06/02/2015 _ 19:30 h

Lugar
Cidade da Cultura

Prezo: 8 €

Categoría


Dentro do novo festival ‘Escenas do cambio‘, que organiza a Cidade da Cultura de Galicia no mes de febreiro de 2015, terá lugar a posta en escea de Os Contos de Joselín, unha contada ao redor do humorista que primeiro gravou en galego (sesións de 1929). Este novo festival de inverno de teatro, danza e arte en acción entre 4-21 de febreiro de 2015 no Museo Centro Gaiás-Santiago de Compostela. A actuación contará co trio Celso Fernández Sanmartin, Quico Cadaval e José Luis Gutierrez “Guti”.

José Rodríguez de Vicente, persoeiro polifacético que chegou a ser alcalde de Baiona, ser o primeiro en gravar un conto en galego (nas históricas sesións do ano 1929 para a compañía Regal), Secretaría de Turismo ou documentalista cinematográfico.  Tres oradores de renome recrean en palco “Os contos de Joselín” e asociaranos aos seus propios. Quico Cadaval é o director artístico deste espectáculo, no que tamén participan en palco o lalinés Celso Fernández Sanmartín e o zamorano José Luís Gutiérrez “Guti” que ademais de contar, canta, como tamén facía Joselín cos cantares de cego. O espectáculo ofrecerá tamén imaxes de época de Joselín, do que se poderá escoitar un conto na súa voz.

Esta aposta escénica ao redor do primeiro actor galego en gravar un disco coa súa voz é unha produción de aCentral Folque para revitalizar unha figura esquecida pero chave para comprender moito do humor que hoxe se fai na Galiza.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed