Pablo Sanmamed Trio

Data
28/03/2019 _ 20:30 h

Lugar
Teatro Colon

Prezo: 10 € / 12 €

Categoría


Presentación do disco 16/04. Xoves 28 Marzo. Teatro Colón.

Jazz e Word Music danse a man neste esperado disco debut de Pablo Sanmamed Trio cheo de melodías das que fican na cabeza. Nel mergullámonos nunha atmosfera especial na que se suceden valsas afrancesadas, horos romaneses e sabores varios das músicas de transmisión oral nun proceso de deconstrucción musical desde a linguaxe do Jazz. Unha particular banda sonora na que se conxugan composicións orixinais de carácter descritivo con pretextos compositivos nos que intuír distintas sonoridades de raíz.

16/04 é un disco de excepción da nova escena musical do Jazz de Compostela, distinguida polo seu interese na materia prima das músicas tradicionais.

  • Pablo Pérez Sanmamed: contrabaixo, baixo eléctrico
  • Iago Mourinho: piano
  • Bruno Couceiro: batería

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed