Pandeiro redondo

Data
18/04/2020 _ 10:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 30 €

Categoría


Pandeiro Redondo. Percusións e cantares de Piñor

Monográfico de canto e percusión de man con María Vidal sobre o pandeiro (redondo) con prácticas no repertorio de Piñor (provincia de Ourense). Unha oportunidade de achegarse a este instrumento pouco común hoxe en día en Galiza que estivo moi presente nas ruadas e seráns dos territorios rurais do país. Este curso é para persoas cun nivel intermedio de pandeireta.

Detalles do curso

  • Data: sábado 18 de abril
  • Horas: de 10 a 13.30 h
  • Lugar: CSC A Trisca. Compostela
  • Prezo: 30 €
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Descrición

Neste obradoiro imos coñecer un instrumento esquecido e pouco practicado actualmente . A súa presenza foi fundamental nas fiadas, mesmo podemos asegurar que dirixía cos seus golpes as partes do baile. Para o curso especificamente se practicarán toques de recollidas na aldea de Piñor, Ourense.

Contidos: Aprendizaxe práctico do tocar e do cantar sobre un repertorio de Piñor. Xota e muiñeira.

É preciso ter un nivel medio en pandeireta. Non é necesario saber tocar o tambor.

Material necesario: pandeireta e pandeira. Un par de baquetas de tocar tambor. Podemos emprestar algún pandeiro redondo e tamén paos.

Este obradoiro é parte do traballo “O PANDEIRO REDONDO”, realizado xunto con Xermán Muiños e Pichi Abollado.

María Vidal

Comeza nos anos 80 a facer recollidas por toda a xeografía galega. Dende entón participa como compoñente en algunas agrupacións folclóricas de Pontevedra. Colabora en traballos discográficos con Britonia, Pepe Vaamonde Grupo, Ardentía e actualmente, é a voz de As Cantigas de Elena.

Na actualidade, imparte aulas de canto e percusión tradicionáis en varias Asociacións das provincias de Pontevedra e A Coruña.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed