Pärbo

Map Unavailable

Data
07/10/2022 _ 19:00 h

Lugar
Igrexa de Santa Uxía

Prezo: de balde

Categoría


Terceiro acto do ciclo Bordóns: a zanfona no Camiño na igrexa parroquial de Santa Uxía de Mougás no concello de Oia ás 19 horas con Pärbo, a dupla de Begoña Rioboo e Anxo Pintos. O repertorio serán instrumentais da tradición galega e composicións propias para o programa ‘Meditación musical no Rosario‘, unha das escenas dos Misterios da vida de Cristo para a celebración nese día da tradición mariana da Virxe do Rosario. A entrada é de balde até completar capacidade.

Na parte da poesía guiarán os versos da recente publicación ROSARIO Poesía, oración y mística, obra de Mons. D. Gilberto Gómez, bispo de Abancay e natural de Albeos, na nosa diocese de Tui-Vigo, premio internacional de poesía mística.

Pärbo:

  • Begoña Riobó: violino, harpa, voz
  • Anxo Pintos: zanfona

Logo de traballar e colaborar de xeito ocasional en diversas formacións, na primavera de 2019 comezan a buscar un repertorio no que aliar unha bagaxe que camiña co centro de gravidade ben asentado na música patrimonial de Galicia. Isto, a Begoña Riobó e a Anxo Pintos, non lles impide buscar tratamentos e facer procuras osmóticas noutras leiras estéticas para asinaren acabados sonoros de dixestión contemporánea.

Este concerto forma parte do ciclo ‘Bordóns: a zanfona no Camiño’, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. #OteuXacobeo #Xacobeo2022 #zanfonanocaminho

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed