Parola con Pablo Quintana

Loading Map....

Data
08/05/2014 _ 21:00 - 22:30 h

Lugar
Local da Folque

Prezo: 3 €

Categoría


Pablo Quintana cego andanteDentro das actividades no local da Folque para este 1º semetre de 2014, organízanse estas “Parolas de tu a tu“, sesións amenas para falar abertamente abertamente das visións sobre arte e oficio de personaxes relacionados coa música popular actual.

A conversa de hoxe ten como convidado a un dos músicos e pesquisadores referentes da música popular en Galiza, Pablo Quintana, autor dun dos discos seminais da músca folk nos anos 80, “O cego andante” (1982) que abriu camiños que logo seguiron outros grupos e que recentemente está facendo pública a súa impresionante colección de fotos, vídeos e investigacións antropolóxicas da música en Galicia desde os anos 70.

Con el manteremos unha parola distendida acompaña dun chá e unhas bolachas sobre o patrimonio, as gravacións históricas -foi responsável das gravacións a Eva castiñeiras e Florencio para Tecnosaga- , a perspectiva dos últimos 40 anos da música en Galiza e moitos outros temas que queirades sacar á luz.
.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed