Presentación “Amadeo Goyanes”

Data
03/04/2015 _ 19:30 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: de balde

Categoría


compsGoyanesXornada inaugural do XI Zona da Zanfona coa presentación do libro (con CD) sobre o luthier, músico e mestre:  “Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte”. Estarán no acto Pablo Quintana, autor do texto e investigador e Ramon Pinheiro Almuinha, coordinador da serie editorial Chave Mestra, adicada a persoeiros ilustres da música popular galega.

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular quere render unha homenaxe a un persoeiro unhas veces esquecido e outras ignorado ao pioneiro no folclore galego, o monfortino Amadeo Goyanes Vázquez.

Aproveitando a efeméride do centenario do seu nacemento e XX aniversario da súa morte, aCentral Folque pretende salientar o traballo fundamental dun persoeiro que fundou a primeira escolanía de zanfonas de Galicia, constructor humilde e mestre de gaiteiros e zanfoneiras. Para isto, aCF leva máis de un ano traballando para publicar o que será o primeiro libro sobre a súa persoa e encomendou ao célebre Pablo Quintana para realizar unha exhaustiva investigación sobre o traballo de Amadeo Goyanes que xa ten dado fantásticos hachádegos descoñecidos até o de agora.

Ademais graváronse especialmente para esta publicación músicas do seu repertorio e novos temas saídos da factoría da aula de zanfona da Escola Livre da MPG atendida polo prestixioso zanfonista Óscar Fernández, debedora daquela primeira experiencia docente nos anos 70 que o propio Amadeo fundara.

O resultado é un libro con CD cun detallado texto sobre a vida e traballo musical de Amadeo Goyanes ameno e curioso para todos os públicos; partituras editadas para os músicos e especialistas da zanfona; e un disco compacto.

Aproveitando a excepcional circunstancia de que Amadeo foi mestre do grupo As zanfoneiras de Monforte, convidamos para pechar a xornada de presentación, á intérprete máis recoñecida do mundo, a canadiana Tobie Miller, virtuosa do instrumento e especialista en repertorio barroco para zanfona.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed