Data
16/05/2014 _ 20:30 h
Lugar
Andel Libraría
Prezo: de balde
Categoría
Presentación da publicación editada por aCentral Folque “Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954)“. Conta coa presenza coa profesora da Universidade de Coruña Laura Tato, investigadora e especialista da historia do teatro en Galicia e autora do texto incluído no libro. Ademais estará Ramom Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque, coordinador da publicación, iniciador da pesquisa e compilador dos arquivos sonoros incluídos no CD publicado.
A presentación ten lugar ha Andel, libraría virtual e física especializada no libro galego-portugués e musical en Vigo.
Os materiais contidos no legado de Joselín conservado tanto pola familia Paz- Andrade como pola familia Delgado-Tapias foi estudado nestes dous últimos anos pola profesora e investigadora da UdC Dna. Laura Tato, unha das máximas autoridades da investigación historica do teatro galego. O resultado é un soberbio estudo biográfico, unha analise historica da obra de Rodrígues de Vivente e a transcrición integral dos seus monólogos -todos os gravados e algunhas pezas inéditas-.