Presentación “Contos de Joselín”

Loading Map....

Data
05/05/2014 _ 20:00 h

Lugar
Aula Magna Politécnico Campus Ourense

Prezo: de balde

Categoría


Presentación da publicación editada por aCentral Folque “Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954)“. Conta coa presenza coa profesora da Universidade de Coruña Laura Tato, investigadora e especialista da historia do teatro en Galicia e autora do texto incluído no libro. Ademais estará Ramom Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque, coordinador da publicación, iniciador da pesquisa e compilador dos arquivos sonoros incluídos no CD publicado.

Os materiais contidos no legado de Joselín conservado tanto pola familia Paz- Andrade como pola familia Delgado-Tapias foi estudado nestes dous últimos anos pola profesora e investigadora da UdC Dna. Laura Tato, unha das máximas autoridades da investigación historica do teatro galego. O resultado é un soberbio estudo biográfico, unha analise historica da obra de Rodrígues de Vivente e a transcrición integral dos seus monólogos -todos os gravados e algunhas pezas inéditas-.

Edición aCFolque

Edición aCFolque

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed