A noite de Chané

Data
12/12/2018 _ 20:30 h

Lugar
Teatro Colon

Prezo: de balde

Categoría


aCentral Folque en colaboración coa Concellería de Culturas da Coruña presenta o mércores  12 de decembro ás 20:30 no Teatro Colón A Noite de Chané, na que se dará a coñecer o libro Chané O nacemento da música popular galega, de Sixto Gómez e Alberto Cancela. O espectáculo contará coa participación de Sixto Gómez como autor e investigador e do musicólogo Xoán Manuel Carreira. En canto ao musical contarase coa participación da Coral Polifónica El Eco (fundada polo propio Chané) e a cantora Rosa Cedrón acompañada ao piano por Alejandro Vargas, que interpretarán temas do disco Chané na Habana, de Cuba a Galiza. Guiará o acto a cantora e improvisadora oral Alba María, nunha viaxe de ida e volta pola música e a palabra que reivindica a importancia da figura do mestre coruñés.

A entrada é de balde previa retirada de convites no Kiosco da Praza de Oursense, a partir do vindeiro luns, 3 de decembro, de luns a venres (agás festivos) en horario de 9:30 a 13:00h e de 16:30 a 19:30 h, e tamén na taquilla do Teatro Colón, os días de función, unha hora antes do comezo dos espectáculos. Únicamente poderán facilitarse catro entradas por persoa.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed