Presentación EMPA#01

Data
26/11/2017 _ 20:00 h

Lugar
SCQ café

Prezo: de balde

Categoría


Estes domingo 26 de novembro presentarase ao vivo o disco EMPA#01, un traballo feito durante o curso 2016-17 no Curso Maxistral da Escola de Música Popular e Avanzada. En forma de concerto os músicos que gravaron este traballo en xuño tocarán os temas deste disco que podes escoitar nas plataformas dixitais habituais.  O alunado do Curso estivo baixo a dirección e arranxos dos mestres Alejandro Vargas, Javier María López e Pablo Pérez Sanmamed. O acto será a partir das 20 h no SCQ café (rúa das Orfas, 2) no corazón de Compostela.

O disco EMPA#01 son dous anos de traballo nas aulas deste Curso Maxistral que pretende profundizar nos fundamentos e distintas posibilidades da música tradicional. Como traballo de fin de estudos, o alunado gravou en xuño de 2017 o primeiro volume desta colección que pretende cada ano editar un novo disco baixo a dirección dos mestres que dirixen o último curso.

Este 2017 contou coa guia de Alejandro Vargas, Pablo Pérez Sanmamed e Javier María López Na gravación tocaron:

  • Laura Souto: frauta
  • Miguel Fontenla: piano
  • Martiño Cabarcos: sanfona
  • María G. Blanco: violino
  • Alba María Rodríguez: voz
  • Javier María López: frauta e guitarra
  • Alejandro Vargas: piano
  • Pablo Pérez: contrabaixo

O disco foi gravado o 2 de xuño de 2017 nos estudos A Ponte de Santiago con Tomás Ageitos como técnico de son e Dr.Chou na masterización.

Os temas gravados son orixinalmente tradicionais:

  1. Cantos de sega
  2. Carballesa
  3. Entroido de Mera / Gankino Horo
  4. Muiñeira de Barro
  5. Redonda de Lobeira

A arte gráfica é de Ricardo Cabanelas (Reviravolta design) sobre unha imaxe de Ugia Pedreira.

Onde escoitar o disco EMPA#01?

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed