Data
09/10/2014 _ 20:00 h
Lugar
Pazo da Cultura
Prezo: de balde
Categoría
Presentación da publicación editada por aCentral Folque “Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954)“. Actividade enmarcada dentro da programación do XXIV FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) e previa ao espectáculo que ofrecerán o día 11 no Mercado Municipal, Quico Cadaval e Celso Fdz. Sanmartín sobre Joselín.
Conta coa presenza coa profesora da Universidade de Coruña Laura Tato, investigadora e especialista da historia do teatro en Galicia e autora do texto incluído no libro. Ademais estará Ramom Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque, coordinador da publicación, iniciador da pesquisa e compilador dos arquivos sonoros incluídos no CD publicado.
Eles sumérxennos nunha conversa rica e entretida que nos fai deambular polo teatro, a política, os mass-media, o cinema ou a emigración da Galiza do s.XX.