Presentación Vikingland

Loading Map....

Data
22/03/2017 _ 20:00 h

Lugar
Casa das Campás

Prezo: de balde

Categoría


O trío compostelán Ulobit presenta “Vikingland2016”, unha edición limitada dun USB nunha lata de conserva o vindeiro mércores 22 de marzo ás 20 h con entrada libre. O evento está organizado polo Ateneo de Pontevedra en colaboración con aCentral Folque, parceiros da edición e contastará do visionado dos vídeos e dunha parola cos creadores (Ariel Ninas, Horacio González, Xoán-Xil López).

É o seu primeiro traballo en formato físico desde que se xuntaran no 2012, unha primeira edición especial un dísco ríxido USB enlatado nunha conserva que contén o material audiovisual artístico con imaxes do filme “Vikingland” de Xurxo Chirro e outra información do proxecto. A noite contará coa proxección dos sete cortes audiovisuais da obra completa, unha parola cos creadores. 

Presentan este primeiro traballo en formato físico logo de ter actuado e mostrado a súa obra ao vivo en festivais coma o ECO Madrid, Espazos Sonoros, Sinsal, WOSInc, PI Valencia, Sons Creativos ou Vertixes Sonoras. Este ecléctico trío traballa con material visual ao que engaden unha banda sonora única misturando a música feita con zanfona e coa electrónica do computador.

Ulobit é un trío audiovisual galego que mestura tecnoloxías antigas (sanfona) coas modernas (computadores, electrónica, vídeo, filtros de son) e de software libre (Pure Data) baseado en procesos experimentais sobre improvisación, error visual, música incidental, drone e ritmos minimalistas. Forman parte cada un de proxectos culturais seminais en Galicia que traballan coa antropoloxía e o sonoro coma aCentral Folque, Escoitar.org ou NoTours.

En Ulobit a sonoridade dun instrumento de inmensas posibilidades tímbricas, a zanfona electroacústica, (con)fúndese coas texturas da electrónica para manipular a tempo real o vídeo nunha interacción de vai-e-vén.

Vikingland 2016 parte do material gravado en formato caseiro Hi8 nos anos 90 por “O Haia”, un mariñeiro galego que traballaba a bordo do Vikingland, barco que facía a rota regular no Mar do Norte entre as cidades de Romo (Dinamarca) e a illa de Sylt (Alemaña) transportando mercadorías.

O realizador Xurxo Chirro atoupou estas fitas e fixo unha película no 2011. Agora Ulobit toma parte dese material bruto para darlle un novo significado a través da música e a transformación das imaxes orixinais.

A edición do traballo é unha produción limitada a 100 unidades cun coidado packaging feito en produción industrial con ramte artesanal por eles mesmos: un disco ríxido USB serigrafiado sobre un papel corrugado dentro dunha lata de conservas envolto nun cartón impreso co remate dunha tarxeta lenticular (desas que ao mudar a inclinación muda de imaxe, como se estivese en movemento). O disco contén as pezas audiovisuais orixinais, as listas de reprodución, as faixas de audio e información sobre o proxecto. Ademais é regravábel e ten 8 Gb de espazo.

Está publicado no netlabel Audiotalaia [catálogo adt008] e aCentral Folque como parceira na edición.

Links:

Web de Ulobit: http://www.ulobit.net/

Vídeos: https://vimeo.com/ulobit/


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed