Presentacións Culturgal

Data
27/11/2021 _ 17:00 h

Lugar
Pazo da Cultura

Prezo: 3 €

Categoría


O vindeiro sábado 27 de novembro dentro das actividades do Culturgal, aCentral Folque terá o Espazo Foro  (Sala de exposicións Pazo) para presentar as novidades editoriais deste 2021 de 17:00 h a 17:45 h.

  • CONCHA DO CANIZO. Este pandeiro que toco…
  • AS PANDERETEIRAS DE MENS
  • O infinito no pé. RIBEIRANA.

Estes tres libros presentaranse coas autores dos mesmos e algunha intervención espcial para o evento.

CONCHA DO CANIZO. Este pandeiro que toco…. Con Xulia Feixó, autora do libro, condutora e interprete musical (voz e pandeiro), Leni Pérez, compiladora, e intérprete musical (voz e pandeiro) e Guillerme Inácio, compilador e intérprete musical (voz e pandeiro).

As Pandereteiras de Mens e O infinito no pé. Ribeirana que forman parte do proxecto MULLER FERREÑA. Con Beatriz Busto, autora do libro-CD As Pandereteiras de Mens e Serxio Cobos, co-autor do libro O infinito no pé. Ribeirana d’aCentral Folque.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed