Presentación Editorial Folque

Map Unavailable

Data
31/05/2019 _ 20:30 h

Lugar
Andén Primeiro

Prezo: de balde

Categoría


Este venres 31 de maio o escritor e músico Xurxo Souto e o fotógrafo Eutropio Rodríguez presentarán, da man da asociación Vía Vella de Pontecanedo e baixo o selo editorial d’aCentral Folque, tres libros que abordan desde distintas ópticas a cultura popular galega.

Gustav Henningsen. O danés curioso en Ordes (editado por Eutropio Rodríguez e con texto literario de Estíbaliz Espinosa) e Os danzantes dos reis (con fotografías de Eutropio Rodríguez acompañadas do texto de Alba Cid) serán os libros de fotografía que abren a colección Cámara Escura e poñen a ollada sobre a danza, os ritos máxicos ou a música.

Por outra banda, Xurxo Souto presentará Sindo de Olelas, da colección Chave Mestra, unha viaxe emocional pola historia deste tocador de concertina galega. Será ás 20:30 no local do Andén Primeiro (avda. de Marín s/n, tras Estación de Renfe, Ourense).

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed