Regueifa con chocolate

Data
13/12/2015 _ 18:30 h

Lugar
Praza do Obradoiro

Prezo: de balde

Categoría


nadalCompostelaDentro das actividades de Nadal nas Rúas do programa xeral das festas organizadas polo concello de Santiago de Compostela, aCentral Folque argalla tres xornadas en cada domingo de Nadal con chocolatada de balde e unha sesión de regueifa na praza do Obradoiro, ao pé do Pazo de Raxoi e na praza Roxa.

Para esta primeira data do domingo 13 de decembro na praza do Obradoiro contaremos coa improvisación de dous dos regueifeiros máis veteráns do país: Pinto de Herbón e Suso de Xornes (Bergantiños) que regueifarán para as persoas asistentes. O chocolate servirase a partir das 18.30 h de balde e está fornecido pola tenda  local de pasteis tradicionais e outras delicias Lambona da rúa de San Pedro.

A regueifa é o pan de voda polo que os convidados podían competir nunha competición de improviso oral e así ficou o nome para este tipo de manifestación da cultura popular dun “canto ao desafío”, un diálogo cantado no que os improvisadores buscan a empatía do público e a mofa do contrincante para amosar o seu verbo rápido, agudo e picante. Esta denominación (regueifa) propia de Bergantiños coñécese como brindos e son comúns á zona dos Courel, unha tradición moi viva noutras partes da Península coma o norte de Portugal ou Euskadi. Desgarrada, despique, repente, etc. son outros nomes do mesmo fenómeno sempre actuais e de enorme interese para o público por ser unha arte viva, espontánea e inmediata.

As seguintes datas para estas regueifas con chocolate serán o domingo 20 e o 27 na praza Roxa, no Ensanche compostelán a partir das 18.30h.

Descarga o programa xeral das festas de Nadal en Compostela aquí

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed