Data
21/06/2018 _ 19:00 h
Lugar
Centro Cultural Municipal
Prezo: de balde
Categoría
Este xoves 21 de xuño a partir das 19 h no Centro Cultural Municipal de Porriño, preséntase o libro “Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo“, título da colección Chave Mestra sobre persoeiros da tradición oral e musical galega.
No acto estarán presentes a autora alba María Rodríguez, o editor Ramom Pinheiro, e as activistas locais Uxía e Malvela. Para finalizar o acto haberá unha mostra de improvisación oral cos presentes a cargo de Alba María.