RMS: Jazzologia

Data
12/04/2014 _ 21:00 - 22:30 h

Lugar
Auditorio da Xunqueira

Prezo: alternative text

Categoría


Redondela presenta na Rede de Música Soltas este proxecto liderado polo contrabaixista José Manuel Díaz, cubano afincado en Galicia e que tocará en Ribadeo por primeira vez como líder da súa banda. Para este concerto especialmente con Felipe Villar (guitarra) e Chus Pazos (batería) , dous novos valores do jazz galego.

É a primeira formación do contrabaixista cubano José Manuel Díaz Iglesias. Un trío que xorde da necesidade do artista de presentarlle ao público a súa música. Composicións orixinais que, baixo a linguaxe do jazz, se deixan harmonizar coas músicas populares cubana, brasileira, galega… e doutras culturas.

O resultado é un son que xunta o virtuosismo e a improvisación do jazz, coa forza das melodías identitarias e os ritmos das distintas músicas coas que este artista se divirte.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed