Sonia Lebedynski na RMS

Data
08/04/2017 _ 21:00 h

Lugar
Auditorio da Xunqueira

Prezo: 7 € / 5 €

Categoría


sonialebedynski_smPechamos a Rede de Músicas Soltas deste 2017 cun concerto especial. A artista que fecha as Músicas Soltas 2017 é Sonia Lebedynski, presentado disco o 8 de  abril. Sonia entra en contacto coa música moi nova. Con trece anos era voz solista de Vaite-embora! e, desde entón, ten colaborado con múltiples formacións e artistas, ademais de ter sido a voz de Fía na Roca durante máis de dez anos. Mais non foi até o 2016, logo de décadas sobre os escenarios, cando bota a andar a súa carreira en solitario, co disco “Deserto de centos”, que virá presentar a Redondela o 8 de abril. Estamos diante dun disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira…

‘Deserto de centos’ é unha viaxe iniciática cara a un horizonte por descubrir. É o sedimento das músicas escoitadas e cantadas, dos proxectos dos que fixo parte, das persoas e dos lugares que coñeceu, dos versos que leu e que escribiu. Aí está todo o seu universo sonoro e vital. Unha aposta atrevida e moi persoal, que estará acompañada en directo por Sérgio Tannus (dirección musical e cordas), Carlos Freire (percusións), Roberto Comesaña (piano e acordeón), Martiño Domínguez (saxo tenor e barítono) e Jose Luis Miranda (trombón). Ademais de Sérgio Tannus na dirección musical, en ‘Deserto de centos’ colaboraron na parte creativa moitos nomes destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed