Tango-danza

Data
21/03/2020 _ 11:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: alternative text

Categoría


Tango-danza. Musicalidade e principios básicos

A dupla “OscarAntia Tango”, o par de bailarinos radicados actualmente en Compostela  Óscar Cobos e Antía Barcia Feás conducen este monográfico de dúas sesións para a aproximación ao tango-danza para achegalo ao público que queira descubrir esta modalidade de baile bonaerense que se bailaba nos salóns galegos traídos polos aires da emigración. Un monográfico para todos os públicos e todas as idades. Recoméndase asistir en parella.

Detalles do curso

  • Data: sábados 21 de marzo e 4 de abril
  • Horas: De 11 a 13 h e de 17 a 19 h cada día
  • Lugar: CSC A Trisca. Compostela
  • Prezo: 45 €
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

¿Sabes camiñar? Entón sabes bailar tango.

Ven descubrir toda a maxia e a beleza desta danza inmortal. En constante evolución na que descubriras o universo de posibilidades que ten un metro cadrado. Atender, entender e divertirse ao compás dun 2×4 no que aprenderas a importancia de escoitar e de ser escoitado.

Óscar Cobos

Natural de Santiago de Compostela, comeza o seu romance co Tango en Nova York no ano 2001 no Manhattan Dace Center. Xa no 2005, de volta en Santiago, continúa formándose da man do Colectivo de Baile “Danzón”. No ano 2011 trasládase a Bos Aires e alí amplía a súa formación na Universidad Nacional de Artes, onde se licencia primeiramente como Intérprete de Tango e posteriormente como Profesor de Tango. No ano 2013 incorpórase aos equipos de produción do Congreso Internacional de Tango. No 2015, entra a formar parte do equipo de docentes das cátedras de Tango I, Interpretación Coreográfica de Tango I e II, dirixidas polo maestro Rubén Suarez, ata o ano 2018. É tamén neste ano 2015 cando entra a formar parte da Compañía de Tango do coreógrafo e mestre Leonardo Cuello, en calidade de asistente de produción en distintos espectáculos. Actualmente desenvolve o seu labor docente en Santiago de Compostela.

Antía Barcia Feás

Estudante de pregrao de “Intérprete de Tango” pola Universidad Nacional de las Artes (UNA) en Bos Aires, Arxentina, onde se formou con César Rojas, Pancho Martínez Pey e Leonardo Cuello entre outros.

Alén de formarse con mestres de tango como Cinthia Díaz, Maximiliano Ávila, Federico Ibañez e Nuria Lazo (finalistas de Tango Escenario) no Estudio Lubiz-Spitel, Dana Frigoli e Jonny Lambert, Horacio Godoy, Rocío Rubio e Agustina Vignau (campeona de Tango Escenario), tamén se forma noutras disciplinas como danza contemporánea con Mauro Cacciatore. Realizou diversas exhibicións de tango en Bos Aires e Galiza, ademais de participar no Festival Metropolitano de Tango no 2018.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed