Tobie Miller&Alice Humbert

Map Unavailable

Data
24/09/2022 _ 19:00 h

Lugar
Igrexa de San Xiao

Prezo: de balde

Categoría


Primeiro concerto do programa Bordóns: A zanfona no Camiño. A canadiana Tobie Miller e a francesa Alice Humbert interpretarán pezas escritas para zanfona do repertorio do século XVIII francés desde a perspectiva historicamente informada da música barroca. O programa ‘La belle vielleuse’ ofrecerá obras instrumentais de autores coma Chedeville, Dupuits, Ravet ou Bâton con danzas e sonatas para dúas zanfonas.

  • Tobie Miller: zanfona barroca
  • Alice Humbert: zanfona barroca

Músicas de Canadá e Alemaña tocan a música para vielle a roue da época dourada da zanfona do barroco francés do século XVIII.

O concerto terá lugar no concello de Muxía na igrexa de San Xiao de Moraime, templo de orixe románica do século XII, único edificio conservado do antigo mosteiro ao que servía.

Tobie Miller é a intérprete máis experimentada na música histórica para o instrumento. Após da formación en Música Antiga (B.Mus) na McGill University (Montreal), trasladouse a Basilea (Suíza) para continuar estudos de posgrao de música Medieval do Renacemento no prestixioso Schola Cantorum Basiliensis en Basilea. Ten publicado varios discos co seu Ensemble Danguy nas mellores gravacións historicistas de repertorio escrito para a zanfona barroca.

Alice Humbert empezou tocar o cravo aos sete anos con  Richard Siegal, antes de ir a Basilea e estudar con Jörg Andreas Bötticher na Schola Cantorum Basiliensis. Continuou os seus estudos  con cursos con Christophe Rousset, Menno van Delft, Hélène Dufour, Stéphane Fuget. Actualmente traballa como un organista no norte de Alemaña.

Este concerto fai parte do ciclo ‘Bordóns: a zanfona no Camiño’, proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo. #OteuXacobeo #Xacobeo2021 #zanfonanocaminho

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed