TradFest’21 Quintana

Data
31/07/2021 _ 21:30 h

Lugar
Praza da Quintana

Prezo: de balde con reserva

Categoría


O vindeiro sábado 31 xullo dentro das Festas do Apóstolo en Santiago, celebrarase máis un ano o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con máis de 20 concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades no parque e igrexa de San Domingos de Bonaval que completan os concertos na zona vella para pór o peche das festas na cidade.

PROGRAMACIÓN ARTÍSTICA TRADFEST COMPOSTELA 2021.

Praza da Quintana

Foliada ao vivo: concerto especial coa Banda da Crechas e convidades de luxo para unha celebración das Músicas ao Vivo: Felisa Segade, Os da Porfía, Marcos Coll, Caamaño & Ameixeiras, Sheila Patricia.

  • 21.30: Foliada ao vivo: Banda das Crechas,Felisa Segade, Os da Porfía, Marcos Coll, Caamaño & Ameixeiras, Sheila Patricia…

*Entrada de balde. Reserva de billetes: aquí

 

E ademais temos tamén….

TradFest BONAVAL:

Festa da música popular con artistas galegos e internacionais amosando diversas estéticas arredor dos cantos, os bailes, a tradición, a contemporaneidade… en varios palcos no Parque e na igrexa de Bonaval. Elenco: Cuarteto Caramuxo, Marcos Coll , Caldo, Caamaño & Ameixeiras, Tobie Miller, Najla Shami, Mulleres de Gharghamala!, Xico de Carinho e Cuchús Pimentel, Grupo 1500, Os da Porfía, TOR, Mozart á galega, Antonio Prado e Miguel Vázquez.

Ademais teremos unha feira de artesanía ao longo do día na entrada do parque

Parque e Igrexa de Bonaval

  • 11.30: Antonio Prado e Miguel Vázquez
  • 12.00: Mozart á galega (Igrexa)
  • 12.30: TOR
  • 13.15: Os da Porfía
  • 13.30: Grupo 1500 (Igrexa)
  • 14.00: Xico de Carinho e Cuchús Pimentel
  • 16.30: Arredor da tradición
  • 17.00: Najla Shami
  • 17.30: Tobie Miller (Igrexa)
  • 18.00: Caamaño & Ameixeiras
  • 19:00: Caldo
  • 19.15: Marcos Coll (Igrexa)
  • 20:00: Cuarteto Caramuxo

*Entrada de balde. Reserva de billetes: aquí

Praza de Praterías

  • 20.00: Banda Municipal de Música de Santiago + Brincadeira

Entrada libre. Sen reserva.

E tamén….

Ruadas pola cidade (mañán e tarde) con:

  • Cuarteto Seimeira
  • Protois
  • Low Bay Hot Band

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed