Trompa galega

Data
14/03/2020 _ 10:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 30 €

Categoría


Monográfico de Trompa Galega. Iniciación ao instrumento e perfeccionamento.

Trompa galega, birimbao ou harpa de boca  é o nome que recibe este instrumento de lingüeta libre, que modula os sons na cavidade bucal e que se tocaba nas montañas da Fonsagrada con persoeiros singulares coma Herminio da Fontaneira. Logo da aproximación que fixemos nos Monográficos de 2019 con Ché Vázquez, continuamos coa divulgación deste obxeto singular da man dun virtuoso galego: Francis Olivier Almeida

Detalles do curso

  • Data: sábado 14 de marzo
  • Horas: de 10 a 14 h e de 16 a 20 h
  • Lugar: CSC A Trisca. Compostela
  • Prezo: 30 €
  • Inscricións e info: matricula@folque.com

Descrición

Trompas de Ché Vázquez

Neste curso preténdese achegar ao público á trompa galega e transmitir a técnica de percusión, así como introducirnos nos ritmos básicos da nosa música tradicional. Para aqueles que xa iniciaron a súa andaina ca trompa, tentaremos achegar recursos que ornamenten o seu xeito de tocar.

Será un curso teórico-práctico cunha alta carga de ensaio, onde o alumnado poderá gozar de trompas autóctonas en varias tonalidades. Nel abordaremos a conceptualidade do instrumento, clasificación, pautas de selección dun bo instrumento, técnica de agarre e percusión, ritmos básicos da nosa música tradicional coa trompa e recursos de ornamentación.

Francis Olivier Almeida

Inicia a súa experiencia con este instrumento no ano 2003, tras un troco profesional, con un dos últimos constructores de trompa galega. Desde entón colabora con grupos como a Banda de Gaitas de Ortigueira, Pedra Quente, Zurrumalla, Zarambeques ou a Orquestra Sinfónica da Coruña, e tamén na gravación de discos como o de Zurrumalla e de Arina Stan. Edita o disco A Nosa Arina, dedicado á harmónica e trompas, con Arina Stan e Che Vázquez.

Como docente de trompa impartiu cursos de iniciación tanto a grupos infantís como a adultos afíns á música tradicional galega, ou fusionada con outros estilos musicais, coma nos cursos impartidos en Frías nos WIM 2015 e 2016. É integrante dos grupos musicais (folk e tradicional) onde este máxico instrumento ten o seu lugar: Brétemas Folc e Os Suplentes.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed