Curso ZdZ’22: intermedio

Data
08/07/2022 _ 16:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 25 €

Categoría


Organizamos no ZdZ por vez primeira un curso de nivel intermedio orientado a tocador@s iniciados na zanfona que queiran expandir o seu coñecemento. Desta volta sobre músicas vascas adaptadas ao instrumento co músico e pedagogo Gorka Bravo que publicou. logo dunha campaña de micromezenago no 2021 o libro Ehun Doniak , o primeiro método de aprendizaxe organizado en niveis para todos os públicos interesados no instrumento.

O curso ten unha duración de catro horas intensivas con descansos recorrentes para lavar as mans e ventilar a sala.

Detalles:

  • Data: venres 8 de xullo 2021
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario: 16-20h
  • Prezo: 25€
  • Prazas limitadas.
  • Datas de inscrición: do 9 de xuño ao 5 de xullo
  • Debes encher o formulario dixital de embaixo

Sobre o curso:

O curso versará ao redor da teoría e práctica do zarrabete (zanfona) desde a óptica do folclore de Euskal Herria, así como o seu contexto musical. Para iso, ademais de entender un o universo histórico e actual deste instrumento, traballarase unha parte teórico-práctica sobre a técnica do zarrabete, onde se verán diferentes contidos sobre o dedillado e análise de traballo no teclado dunha forma orgánica e as súas repeticións, así como unha proposta de ornamentación baseada na doutros instrumentos do folclore vasco. Traballarase ademais, os ritmos máis comúns de Euskal Herria (como o arin-arin, fandango, kalejira/biribilketa, ezpatadantza, zortziko…) transportándoos á zanfona. Todo iso, por medio de diferentes cancións do repertorio de Euskadi.

Sobre o mestre:

Gorka Bravo Barreiro (Gasteiz, 1984) é diplomado en Maxisterio musical pola Euskal Herriko Unibertsitatea EHU-UPV cun máster en Psicopedagoxía pola Universitat Oberta de Catalunya UOC, e Grao Profesional de gaita polo Conservatorio de Oviedo.

Formado con grandes músicos da música tradicional, estudou zarrabete da man de Germán Díaz, Jesús Reolid, Abel García, Carlos do Viso, Efrén López entre outros, ademais doutros instrumentos tradicionais como gaita, alboka, txalaparta, e percusión tradicional, con mestres da talla de Suso Vaamonde, Pedro Lamas, Dani Bellón, Flavio Benito, Pedro e Diego Pangua, Karlos Subijana, Juan Mari Beltrán, ou Xosé Lois Romero entre moitos outros.

Centrado durante máis de 15 anos na docencia e dirección de grupos de gaitas, así como intérprete, colaborou con varios grupos (Kepa Junkera, Oskorri, Korrontzi, Carlos Núñez, Luar na Lubre ou Kukai entre outros)

Actualmente forma parte dos grupos Harresian Zulo, Kolme Katu y Sarrabete, dirixe as bandas de gaitas EguzkiFole e Amiestu Sones, actividade que combina coa docencia na Escola de Folk de Gasteiz e en Dominizubi Musika Eskola de Zigoitia, onde imparte clases de percusión tradicional, gaita e zarrabete. Con todo iso, ten publicado máis dunha decena de traballos discográficos, así como os libros “A gaita asturiana e a súa didáctica” (2013) “Galegoekin Bapo” (2018) e “Ehun Doinuak” (2021) método específico sobre a aprendizaxe e doncencia do zarrabete.

Actualmente atópase acabando de gravar o seu primeiro traballo en solitario, un disco conceptual sobre a música vasca e o zarrabete, chamado Sorgin Gurpil.

Formulario de inscrición:

*recibirás un correo (non inmediato, non automático) oa confirmación da praza e instrucións a seguir para a formalización da matrícula

Exemplo didáctico para o Ehun Doinuak:

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed