Zanfona: mantemento

Data
29/10/2022 _ 11:00 h

Lugar
CSC A Trisca

Prezo: 45 €

Categoría


Jaime Rebollo imparte este curso de reglaxe de zanfonas para instrumentistas que precisaen saber os segredos para un ótimo mantemento da zanfona. Os contidos do curso versarán sobre organoloxía, ferramentas, inventos e reglaxe: elementos resonadores, mecánica, solución de problemas comúns, supervisión de problemas particulares en cada zanfona, trucos,…

Detalles:

  • Duración: 6 horas
  • Prezo: 45 €
  • Datas: sábado 29 outubro
  • Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)
  • Horario: 11 a 14 h e 16 a 19 h
  • Prazas limitadas. Aulas colectivas en grupo reducido
  • Inscrición e info: enche o formulario de inscrición de embaixo

Jaime Rebollo é un novo luthier que está ao nivel dos mellores artesáns europeos seguindo unha liña de factura contemporánea e atendendo as esixencias dos músicos que demandan unha actualización constructiva acorde coas súas inquietudes e novas sonoridades. Formado na Universidade Popular de Vigo nos cursos de construcción de Instrumentos Tradicionais con Xaime Rivas e no de Instrumentos Antigos con Ramón Casal.  Inventor, maximizador e trazador dunha familia de zanfonas modernas de sonoridade sorprendente, cun rexistro nas frecuencias sorprendente, potencia sonora, funcionamento e reglaxe excelentes e configuración flexível para unha cordaxe que en todos os modelos inclúe trompeta (bordón rítmico) e a posibilidade de ter cordas simpáticas e unha máis que aceptável amplificación do instrumento (piezoeléctricos e micrófonos). Jaime recibe encargos continuamente. Ten vendido zanfonas non só a Galicia senón tamén a Catalunya, Brasil, Alemaña, Portugal, ou unha plaza ben importante e difícil penetración comercial como é Francia, país de fonda tradición de luthería e mercado interno. Ten exposto nas mostras de artesanía musical máis importante do país e deste 2013  asiste á feira de luthería do festival de Le Son Continu en La Chatre (antes organizado en Saint Chartrier), o máis veterano e de recoñecemento internacional deste tipo de encontros.

Formulario de inscrición:

Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación e as insdtruccións de pagamento; debes mirar na pasta do “spam” se non te chegase á pasta principal do teu correo electrónico.

Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.


Estes cursos están organizados por aCentral Folque coa axuda de:

Concello de Santiago e a Deputación Provincial da Coruña

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed