Data
07/03/2020 _ 10:00 h
Lugar
CSC A Trisca
Prezo: 40 € (1 día) ou 70 € (2 días)
Categoría
Zanfunki 2020: Monográfico de sanfona
Curso específico centrado nas posibilidades rítmicas da sanfona (coup de poignet e stacatto) para tocadores iniciados (e instrumentos con trompeta) cunha das referencias galegas na docencia e nos palcos sobre esta materia: Óscar Fernández.
Detalles do curso
- Data: sábados 7 e 28 de marzo
- Horas: de 10 a 14 h cada día
- Lugar: CSC A Trisca. Compostela
- Prezo: 40 € (1 día) e 70 € (dous días)
- Inscricións e info: matricula@folque.com
- Prazas limitadas (10!) e por orde de inscrición.
Descrición
No monográfico Zanfunki percorreremos grooves do funk dos anos 70 para estudar técnicas de bordón rítmico e stacatto na sanfona. Só sanfonas para crear a intensa rítmica do funk nun exercicio alternativo ao unísono que caracteriza a práctica habitual da música tradicional.
Óscar Fernández
Oscar Fernández imparte aulas de zanfona en diferentes escolas dende o ano 2000.
Dende os anos 80 ata a actualidade, participou como arranxista, compositor e intérprete en formacións e solistas como Saraibas, Os Cempés, Descarga Ao Vivo, Cantos na Maré, Chouteira, Ensemble Amadeo Goyanes, Proxecto Condanads, Bonovo, Atlántica Vapora, Dúo Fdz-Quintá, e con Ugía Pedreira.