Feira en Bonaval TradFest’21

As Festas do Apóstolo de Santiago acollen unha nova edición do TradFest, o festival promovido por La Voz de Galicia e o Concello de Compostela e organizado por aCentral Folque e Nordesía Producións no que a tradición e a vangarda se xuntan para ofrecer unha proposta musical diversa e de calidade en varios espazos da cidade. Serán multitude de propostas diferentes de música tradicional actual, entre as que destaca a feira de artesanía e música que se celebrará no Parque de Bonaval e na que a través desta convocatoria convidámosche a participar.

Como parte do TradFest Compostela 2021, o festival unha mostra de artesanía no parque de Bonaval o vindeiro sábado 31 de xullo de 2021 aberto a todos as profesionais, tendas, luthieres e artistas e artesáns que queiran mostra e vender o seu traballo. A feira estará condicionada aos protocolos sanitarios estabelecidos para o momento da súa celebración e contará cunhas bases de participación que se poden descargar aquí: BASES_PARTICIPACIÓN_FEIRA_TRADFEST_2021.

Información básica do evento

Evento: Feira de artesanía e música do TradFest

Data: sábado 31 de xullo de 2021.

Horario de apertura ao público: 11h a 21h.

Expositores:

  • Luthiers
  • Comercios, artesáns e marcas artesanais, creativas e de produtos enogastronómicos envasados
  • Obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Data de celebración: Sábado 31 de xullo de 2021.

Lugar de celebración: Explanada entre os museos (zona empedrada entre o CGAC e o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela

Carácter: Gratuíto para o público visitante da feira.

Cuota de participación: 20€ IVE incluido para as marcas participantes

Parceiras na organización da feira: correveydile

Preinscrición

Bases de participación: BASES_PARTICIPACIÓN_FEIRA_TRADFEST_2021.

Todas as marcas interesadas en preinscribirse na Feira do TradFest deberán cubrir e enviar o formulario online que atoparán abrindo a seguinte ligazón:
https://forms.gle/8ctt6Z85pwVpoY1N8

Prazos

– Domingo 25 de xullo. 23: 59h. Fin de prazo de inscrición

– Martes 27 de xullo. 15h: límite pra pagamento da cuota daparticipación para aquelas marcas seleccionadas no evento.

Podes ver a programación de actividades completa do TradFest Bonaval aquí

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario