Feira Imaxinaria 2014

Feira Imaxinaria 2014 é un encontro de cultura libre e dixital que decorrerá entre o 29 e 31 de agosto no Alg-a Lab en Valadares (Vigo). É unha cita anual que vén promovendo Alg-a Asociación no entorno do seu Laboratório de Arte e Tecnoloxía sito en Valadares (Vigo), e este ano tamén através da Coop de Cultura Libre Galiza Imaxinaria. Trata reunir o máis significativo no referente ao Arte e a Cultura Libre e Dixital que se fai na Galiza e fóra dela, abrindo e consolidando novos vínculos con outras iniciativas, redes e colectivos nacionais e internacionais. Os últimos dous anos, Feira Imaxinaria foi coproducida canda dúas redes internacionais: Arquitecturas Colectivas 2013 e Summer of Labs 2012.

Feira Imaxinaria 2014 xorde como espazo de debate, construcción e coñecemento en torno a #Redes analóxicas e dixitais, tecnoloxías colaborativas libres e protocolos abertos cos que imaxinar e avanzar cara a novas realidades e culturas colectivas. Baixo o concepto de feira tradicional, Feira Imaxinaria concentrará colectivos e proxectos relacionados coas #EconomíasAlternativas, os #SistemasDEInformación, as #NovasTerritorialidades, #ArtesInteractivas e #OutrasInstitucionalidades. Durante tres días a feira desenvolverase através de obradoiros-workshop, palestras, debates e presentacións, postos de venda ou informativos, instalacións e performances, interactuando ademais coas Festas de San Campio da parroquia de Valadares.

feiraImaxinaria

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario