Feira TradFest’22

As Festas do Apóstolo de Santiago acollen unha nova edición do TradFest, o festival promovido polo Concello de Compostela e organizado por aCentral Folque e Nordesía Producións co apoio de La Voz de Galicia e AGADIC no que a tradición e a vangarda se xuntan para ofrecer unha proposta musical diversa e de calidade. Serán multitude de propostas diferentes de música tradicional actual, entre as que destaca a feira de artesanía e música que se celebrará no Parque de Bonaval e na que a través desta convocatoria convidámosche a participar.

Como parte do TradFest Compostela 2022, o festival unha mostra de artesanía no parque de Bonaval o vindeiro domingo 31 de xullo de 2021 aberto a todos as profesionais, tendas, luthieres e artistas e artesáns que queiran mostra e vender o seu traballo. A feira estará condicionada aos protocolos sanitarios estabelecidos para o momento da súa celebración e contará cunhas bases de participación que se poden descargar aquí:

BASES_FEIRA_TRADFEST_2022

Resumo do Evento: Feira de artesanía e música do TradFest 22.
Data: domingo 31 de xullo de 2022.
Horario de apertura ao público da feira: 11:30h a 21:30h.

Expositores:

  • Luthiers
  • Comercios, artesáns e marcas artesanais, creativas e de produtos enogastronómicos envasados
  • Obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Lugar de celebración: Esplanada entre o CGAC e o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

Carácter: Gratuíto para o público visitante da feira.

Cuota de participación: 25€ + ive para as marcas participantes.

Organización da feira: Correveydile.

Onde se celebrará a feira do TradFest?

Preinscrición
Todas as marcas interesadas en preinscribirse na Feira do TradFest deberán cubrir e enviar o formulario online que atoparán abrindo a seguinte ligazón antes do vindeiro martes 26 de xullo ás 23:59h: https://forms.gle/vzDBJrD1yp2BbGiS6

Información de contacto
As persoas interesadas en particiàr na Feira do TradFest poderán solicitar toda a información que precisen para valorar a súa participación no seguinte contacto: eventos@veydile.com

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Teresa Leira Alvarez

    Alí estaremos!!!!!

Deixa un comentario