folque 5.0 xa está aquí

work_n_progressO espazo virtual de aCentral Folque renóvase máis unha vez e ofrecemos para este 2014 a última versión actualizada e funcional de www.folque.com, unha web que comezou aló a inicios do século XXI no ano 2001 como servizo para o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e un referente da música galega con máis de 3.000 artigos desde o ano 2003 que comezou a funcionar como revista musical.

folque.com é o escaparate on-line de aCentral Folque e plataforma para o resto de espazos web desta organización: descargas (commons.folque.com), FolqueTV, RadioFolque, redes sociais (Twitter, Facebook aCF e Escola Livre MPG, Google+), etc…

Este espazo tamén sirve para, quen así o desexe, compartir impresións, arquivos e novas de interese para ser publicadas da sección “xornal”

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario