Gaita e percusión, outra visión de ensino

EMPAgaita_percuPAULO p. e CARLOS FREIRE ofrecen outro xeito de achegarse á gaita e percusión tradicional os sábados en Compostela. Dous visións sobre instrumentos patrimoniais que persiguen outro achegamento e que non se atopan noutros centros de ensino. A nova a escola folque imparte en Santiago de Compostela no CSC da Trisca.

Dous reputados mestres en diversos xéneros, cunha marcada personalidade e estilos definidos fan que teñan colaborado en diferentes gravacións e proxectos, referentes cada un do seu ámbito.

Paulo p. (Paulo Gonçalves) é un dos músicos máis importantes do país que leva desenvolvido unha nova vía para o entendemento e a práctica instrumental da cornamusa. Moi interesado no repertorio barroco e ademais explorador das posibilidades sonoras do instrumento desenvolvendo técnicas extendidas e novos xeitos de tocar que hoxe seguen unha nova xeración de gaiteiros do país. É licenciado pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto; Licenciado en Historia e Ciencias da Música; titulado en Educación Musical pola Universidade de Vigo; diplomado co Título Profesional de Gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; realizou o Curso de sanfona no Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo. A súa actividade musical pública como intérprete desenvólvese a traves de tres instrumentos: flauta de bisel, gaita e sanfona; incidindo no repertorio ‘historicamente informado’ e no contemporáneo. Tamén forma parte do consort de flautas A imagem da melancolia (www.aimagemda-melancolia.net). É chamado para actuar regularmente como solista ou con outros grupos presentando programas de música antiga ou contemporánea.

Carlos Freire formou parte de grupos míticos folk da Ferrolterra coma Gallaecia ou Amacuca pero inconformista polo coñecemento desde entón segue fórmandose en percusións varias. Estudou no Seminario permanente de Jazz de Pontevedra e Conservatorio Superior da Coruña. No ano 2000 comezou a tocar como músico profesional nas banda de Mercedes Peón e Susana Seivane, participando en festivais nacionais e internacionais do universo folk. No ano 2012 pasou a formar parte da banda de Xoel López e do seu disco “Atlántico”. Colaborou con músicos como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Anxo Pintos, Rodrigo Romaní, Roberto Somoza, Marcos Teira, Uxia Senlle, Quin Garcia, Banda Crebinski, Banda das Crechas, Grupo de danza oriental Gaira, Aline Frazao, Njala Sami, etc. nun amplo abanico de estilos musicais (folk, flamenco, pop, jazz, música árabe, etc.) que van conformando a súa bagaxe profesional. Actualmente é membro das bandas de: Susana Seivane, Pesdelán, Pablo Díaz, Xoan Curiel , Alejandro Vargas Trio, La Macorina, Miguel Flores Trio, Tischetein e diversos proxéctos no ámbito do Jazz.

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario